abkhazo-adigueo
abkhazo-adigueo
-
adx
[LING]
Relativo ou pertencente á lingua abkhazo-adigueo.
-
s
f
[LING]
Grupo occidental das linguas caucásicas setentrionais. Comprende o adigueo, o kabardino e o cherkés, que poden agruparse baixo o antigo nome de circasiano; o abkhazo, coa variante abazí, e o ubikh. Estas linguas caracterízanse pola pobreza do seu sistema vocálico, dous ou tres fonemas, compensada pola riqueza do seu consonantismo.