Amundsen, Roald

Amundsen, Roald

Explorador noruegués. Temoneiro na expedición de De Gerlache, na Antártida (1897), elaborou un proxecto para descubrir o paso do nordeste que comunica o Atlántico co Pacífico na América Ártica. As súas observacións en diversas viaxes (1903-1905) confirmaron o movemento do polo magnético da Terra. En 1926, bordeando a costa norte de América, chegou a Nome, no Pacífico. O día 14 de decembro de 1911 chegou ao Polo Sur, dous meses antes que Scott. En 1925 intentou sobrevoar o Polo Norte co aviador e mecenas Ellsworth e co italiano Nobile, mais non o conseguiu. Un segundo intento (1926), a bordo do dirixible Norge, foi satisfactorio. Desapareceu en xuño de 1928 cando andaba a socorrer a expedición do dirixible Italia de Nobile, a bordo do hidroavión Latham. Publicou moitos resumos das súas exploracións, entre os que destacan: Die Eroberung des Südpols (O descubrimento do Polo Sur, 1912) e My Life as an Explorer (A miña vida como explorador, 1927).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Borge, Ostfold

  • Deceso

    Lugar : Océano Ártico