anafilaxia

anafilaxia

(

s f [PAT]

Estado de hipersensibilidade que manifesta un organismo logo da introdución dunha determinada substancia (antíxeno) que ao ser administrada por primeira vez non produciu reacción ou se o fixo foi moi lixeiramente. A sensibilización pode producirse tanto por inxección intratisular ou intravenosa coma pola penetración a través da mucosa dixestiva ou respiratoria. O mecanismo desencadeante do estado anafiláctico é unha reacción antíxeno-anticorpo producida en íntima conexión coa membrana celular que se caracteriza pola liberación de histamina e outras substancias activas. A asma bronquial, a urticaria, a enfermidade do soro e a febre do feo prodúcense debido a este mecanismo. A reacción pode ser moi grave e producir un shock anafiláctico.

Palabras veciñas

anafia | anafil | anafiláctico -ca | anafilaxia | anafonema | anáfora | anaforese