Anales del Reino de Galicia
Obra en dous tomos publicados respectivamente nos anos 1733 e 1736 en Santiago de Compostela. Constitúen unha serie de relatos baseados en lendas e antigos cronicóns sen aval de rigor científico. O seu autor foi Francisco Manuel de la Huerta (1697-1752). Froito das súas viaxes son os Anales, nos que recompilou cantos datos puido sobre xeografía, historia e arqueoloxía de Galicia. O seu carácter barroco revélase na súa inclinación polo fantástico. Pese a ser un home estudoso da historia, a súa obra foi cualificada polos ilustrados da época como moi pouco acertada e fiable, chea de tópicos xa desterrados. O Padre Sarmiento afirmaría do seu autor que semellaba escribir sobre Galicia dende a Patagonia ou California. A obra foille dedicada ao Apostolo Santiago, o que valeu ao seu autor a gratificación e recoñecemento do Cabido catedralicio de Compostela.