analista

analista

(

  1. adx e s

    Que ou quen realiza análises con carácter profesional.

    Ex: Contrataron a dous analistas para que estudiaran as cifras económicas da empresa.

  2. s [BIBLIOT]

    Especialista na análise do contido dun documento, especialmente na confección de resumos e na indexación.

  3. s [ECON]
    1. Especialista nos diferentes aspectos da racionalización do traballo co fin de acadar en cada caso os métodos máis eficientes.

    2. Economista especializado na investigación do funcionamento das empresas para deducir conclusións sobre a súa marcha futura.

  4. s [HIST]

    Escritor ou redactor de anais. Teñen como predecesores a unha gran parte dos historiadores clásicos (Tito Livio, Tácito). Na Idade Media, o resultado do traballo analístico anónimo e colectivo foi un mosaico de interpolacións, asincronismos e xustaposicións. A función analística quedou vinculada, xeralmente, a institucións civís e eclesiásticas, pero ás veces dependía da política oficial, como é o caso dos Annales Regni Francoforum.

  5. s [INFORM]

    Persoa que determina os problemas concretos que debe solucionar unha aplicación, así como as liñas xerais segundo as que se debe desenvolver un programa para cumprir un certo obxectivo.