Anca, Xosé
Relixioso dominico de orixe galega. Estudiou Teoloxía en Santiago de Compostela e logo foi profesor de Filosofía en Plasencia, Toledo, Mérida, Rioseco e Toro, así como catedrático de Teoloxía en Lugo e Santiago de Compostela. Foi Prior da Coruña, Betanzos e Santiago, e Vicario Xeral do Reino de Galicia e, en relación con este cargo, están as dúas obras manuscritas que se conservan do relixioso: El Vicariato del Reino de Galicia. O. P. Apéndices y anotaciones al escrito intitulado: Respuesta a las censuras y notas de mi carta. Con las vistas del convento de Santiago e A nuestro Rmo. P. Fr. Ramón Guerrero, profesor de santa Teología, maestro vicario general de la orden de Predicadores en todos los dominios de S. M. C. y su predicador de número.
Cronoloxía
-
Nacemento
-
Deceso