ancho -cha
(< lat amplu)
-
adx
Extenso en anchura, que ten unha anchura considerable.
Ex: Necesito unha biblioteca ancha onde meter tantos libros.
-
adx
Que presenta unha grande extensión; espacioso, cunha amplitude suficiente e sobrada.
Ex: Gústalle a roupa ancha.
-
adx
Que amosa satisfacción ou fachenda.
Ex: Vai tan ancho que parece un marqués.
-
adx
Que non é estreito, que non está apiñado.
Ex: O tren está baleiro: os pasaxeiros que hai van anchos.
-
-
s
m
Anchura.
Ex: Coa ampliación do ancho da estrada circulan mellor os coches.
-
s
m
A dimensión máis curta dun obxecto.
Ex: Esa mesa mide tres metro de longo e dous de ancho.
-
s
m
[MAT]
A máis pequena das dúas dimensións dunha figura plana calquera que forma ángulo recto coa máis grande ou lonxitude.
-
ancho de banda
[INFORM]
Capacidade de transmisión de datos de xeito simultáneo a través dunha conexión entre aparellos electrónicos e, particularmente, dunha liña dun servizo de comunicacións que depende entre outros factores da tecnoloxía empregada e non só do soporte físico.
-
ancho de vía /
[COMUN/TRANSP]
Distancia que existe entre as caras interiores das cabezas dos raís da vía.
-
ó ancho TÉXT
[TÉXT]
Locución utilizada nas operacións de lavado, branqueo, tintado, apresto e acabado, para indicar que a tea foi tratada completamente despregada e plana.
-
s
m
-
bocarte.
Frases feitas
-
ás súas anchas. Libremente, á vontade; ao grande. Ex: Esa banda de ladróns rouba á súas anchas."
-
Ser ancha unha persoa. Dise de alguén que ocupa máis espazo do que lle corresponde.
-
Virlle ancho a alguén unha cousa. Dise dunha empresa, dun proxecto, etc. demasiado dificultoso para que o realice esa persoa. Ex: Probaron se servía coma xefe pero íalle ancho o cargo.
-
Ás anchas ou
-
Ter manga ancha. Ser permisivo.