ancianidade

ancianidade

(< anciano)

  1. s f

    Calidade ou estado das persoas de idade avanzada, dos anciás.

    Ex: Coa ancianidade chega tamén a experiencia e a facultade de aconsellar.

    Sinónimos: vellez.
  2. s f

    Período da vida no que unha persoa é considerada anciá.

    Ex: Chegou á ancianidade cun bo retiro e agora vive ben.

    Sinónimos: vellez.
  3. s f

    Calidade ou estado do que é antigo.

    Ex: A ancianidade destes obxectos observámola nos materiais empregados.

    Sinónimos: antigüidade.

Palabras veciñas

anchura | Anchusa | ancián -á | ancianidade | Ancien Régime* | ancil | ancila