Ancud

Ancud

Cidade da provincia de Los Lagos, Chile, na illa de Chiloé. Porto do N da illa, na canle de Chacao que tamén conta con aeroporto. A súa actividade industrial baséase no sector pesqueiro. Así mesmo, é un importante centro turístico próximo ao Parque Nacional de Chiloé.