Andersen, Hans Christian

Andersen, Hans Christian

Novelista, poeta, comediógrafo e contista danés. De familia moi humilde, aos 14 anos trasladouse a Copenhaguen, onde conseguiu espertar o interese dos persoeiros do país. Cultivou narrativa, poesía e teatro. Ademais, escribiu a autobiografía Mit livs eventyr (‘A aventura da miña vida’) en 1855, impresións de viaxes como I Spanien (‘España’) en 1863, e varias series de contos marabillosos Eventyr (‘Aventuras’) entre 1835 e 1872. Ao inspirarse en relatos e lendas nórdicas, os seus contos caracterízanse pola súa imaxinación, humor e sensibilidade que os converteu en clásicos da literatura infantil.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Odense, Fionia

  • Deceso

    Lugar : Copenhaguen