Afonso Enríquez

Afonso Enríquez

Nobre castelán, irmán de Pedro o Cruel e bisavó de Fernando o Católico. Acompañou a Fernando de Antequera nas festas de coroación que tiveron lugar en Zaragoza no ano 1414. Como poeta, á parte de composicións de temática amorosa, destaca pola súa incursión na alegoría dantesca (El Vergel del Pensamiento) e polo Testamento de amores, unha alegoría de carácter legal que adopta a forma dun testamento no que o namorado, nos últimos momentos da súa vida, expresa a vontade de repartir os seus bens -normalmente entre o deus Amor e a súa dona- e de organizar o seu enterro. A presenza nesta longa composición de catro versos, segundo algúns estudiosos, escritos en galego: “Todas passa en fermosura / la que dixo: Ende mal, / adeus, adeus, Portugal, / partir-me sera cordura...”, así como a cita dos versos iniciais da cantiga de Macías “Amor cruel et brioso” son unha boa mostra do prestixio e recoñecemento que tiña a lírica galega entre os poetas da Corte castelá. Por este motivo, pode considerarse como un autor da escola galego-castelá, aínda que a súa obra é minoritaria en galego.

Cronoloxía

  • Nacemento

  • Deceso