Alcance, El
Alcance, El
[PUBLIC]
Xornal fundado por Antonio Fernández Tafall e publicado no ano 1892 en Santiago. Subtitulábase “Diario católico, independiente, telegráfico. Defensor de los intereses morales y económicos de Galicia”. No seu suplemento dos xoves, introducía artigos vencellados a diversos campos da cultura e colaboracións poéticas, da autoría de Barcia Caballero e Lisardo R. Barreiro. Xunto a estes, versións de textos de autores estranxeiros como Víctor Hugo, Leconte de Liste ou La Bruyère, e algúns poetas españois. No número extraordinario do 1 de xuño de 1893 publicouse un monográfico sobre Alfredo Brañas, con artigos de Murguía e Salvador Cabeza, entre outros.