alcance

alcance

(< alcanzar)

  1. s m

    Acción e efecto de alcanzar.

    Ex: Lanzando a bóla, teño un alcance de douscentos metros polo menos.

  2. s m

    Distancia ata a que se pode chegar a tocar, lograr ou obter unha cousa, os efectos ou a súa influencia.

    Ex: O satélite ten un alcance de quilómetros e quilómetros.

  3. s m

    Relevancia ou importancia dunha cousa ou feito.

    Ex: O alcance da nova foi tan impresionante que trascendeu a todo o país.

  4. s m

    Capacidade de entendemento.

    Ex: Teño alcance suficiente para entender as túas teorías.

    Sinónimos: intelixencia.
  5. s m [COMUN]

    Audiencia total dun anuncio ou campaña.

    Ex: O alcance do programa fixo que chegara a un 50% do total de público.

    Sinónimos: cobertura.
  6. s m [ECON]

    Saldo dunha conta debedora.

    Ex: O alcance desta tarxeta chega ata as cen mil pesetas.

  7. s m [FÍS]
    1. Distancia ata a que chega o efecto eficaz dunha radiación.

      Ex: O alcance dun radar, dunha emisora radiofónica, dun faro.

    2. Distancia máxima á que resulta posible sentir unha acción física.

    3. Distancia horizontal entre o punto de orixe e o punto de caída dun proxectil.

      Ex: O alcance máximo desa bala son novecentos metros.

  8. s m [MAT]

    Conxunto de todos os valores que unha función asigna a unha variable. Chámaselle tamén percorrido ou rango, especialmente no caso de variables ordenadas linealmente e na estatística.

  9. [ECON]

    alcance dun ben

  10. [METROL]

    alcance efectivo

  11. [MAR]

    alcance lumínico

  12. [XEOG]

    alcance óptico

  13. [MAR]

    alcance xeométrico

  14. [MAT/INFORM]

    fóra de alcance

  15. Tratar calquera cousa con alcanfor.

Citas

  • Alcanforamos o armario que tiñas cheo de couza.

Frases feitas

  • Ao alcance de. Doado de conseguir ou situación de poder ser alcanzado. Ex: O piso que merquei non está ao alcance do meu irmán. As tropas durante dous días estiveron ao alcance das bombas inimigas.

Palabras veciñas

ALCAN | Alcanadre | Alcanar | alcance | Alcance, El | Alcance, El | Alcance, El