alcance
(< alcanzar)
-
s
m
Acción e efecto de alcanzar.
Ex: Lanzando a bóla, teño un alcance de douscentos metros polo menos.
-
s
m
Distancia ata a que se pode chegar a tocar, lograr ou obter unha cousa, os efectos ou a súa influencia.
Ex: O satélite ten un alcance de quilómetros e quilómetros.
-
s
m
Relevancia ou importancia dunha cousa ou feito.
Ex: O alcance da nova foi tan impresionante que trascendeu a todo o país.
-
s
m
Capacidade de entendemento.
Ex: Teño alcance suficiente para entender as túas teorías.
Sinónimos: intelixencia. -
s
m
[COMUN]
Audiencia total dun anuncio ou campaña.
Ex: O alcance do programa fixo que chegara a un 50% do total de público.
Sinónimos: cobertura. -
s
m
[ECON]
Saldo dunha conta debedora.
Ex: O alcance desta tarxeta chega ata as cen mil pesetas.
-
s
m
[FÍS]
-
Distancia ata a que chega o efecto eficaz dunha radiación.
Ex: O alcance dun radar, dunha emisora radiofónica, dun faro.
-
Distancia máxima á que resulta posible sentir unha acción física.
-
Distancia horizontal entre o punto de orixe e o punto de caída dun proxectil.
Ex: O alcance máximo desa bala son novecentos metros.
-
-
s
m
[MAT]
Conxunto de todos os valores que unha función asigna a unha variable. Chámaselle tamén percorrido ou rango, especialmente no caso de variables ordenadas linealmente e na estatística.
-
[ECON]
alcance dun ben
-
[METROL]
alcance efectivo
-
[MAR]
alcance lumínico
-
[XEOG]
alcance óptico
-
[MAR]
alcance xeométrico
-
[MAT/INFORM]
fóra de alcance
-
Tratar calquera cousa con alcanfor.
Citas
- Alcanforamos o armario que tiñas cheo de couza.
Frases feitas
-
Ao alcance de. Doado de conseguir ou situación de poder ser alcanzado. Ex: O piso que merquei non está ao alcance do meu irmán. As tropas durante dous días estiveron ao alcance das bombas inimigas.