anastomose
anastomose
(< lat anastomōsis
-
s
f
[ANAT]
Reunión de dous vasos, nervios, láminas, etc, directamente ou mediante un terceiro. As anastomoses arteriovenosas establecen unha ponte entre unha arteriola e unha vénula, para eludir a circulación capilar. As anastomoses intercoronarias poden actuar como un mecanismo defensivo nos casos de isquemia coronaria.
-
s
f
[MED]
Comunicación artificial, entre dous condutos orgánicos normalmente separados, con fins terapéuticos.
-
s
f
[XEOG]
Proceso polo que o curso dun río presenta unha serie de canles que se entrecruzan formando unha rede non xerarquizada. Por mor deste entrecruzamento e da acumulación de material aluvial fórmanse insuas.