Anastomus
Anastomus
[ANIMAL/ORNIT]
Xénero de aves da familia dos cicónidos. Presentan o peteiro longo e mandíbulas arqueadas, de tal forma, que só se tocan na parte basal e na punta. Existen dúas especies, unha propia de África tropical (A. lamelligerus) e outra de China e Tailandia (A. oscitans).