Aneto, pico
Aneto, pico
Cima culminante dos Pireneos (3.404 m), situada no macizo da Maladeta. Atópase no concello de Benasque (Huesca), na alta conca do Esera. Está formado por rocha granítica, aflorando na base estratos de rochas calcarias do Devónico; no relevo destacan as cristas de Coromines (crista principal), Llosars e o paso de Mahoma. Nos avesedos existen glaciares como o de Aneto (N), de Coronas (O), de Barrancos (L) e de Llosars (S). O glaciar de Aneto ten ao redor de 80.000 m2 de superficie, un grosor máximo de 50 m e avanza aproximadamente 35 m cada ano. A primeira ascensión ao Aneto realizárona en xullo do 1842 o ruso P. Čikhačev e o francés A. de Franqueville.