Temas

Sajama, Nevado

Cima volcánica situada no cordal occidental dos Andes, a máis alta de Bolivia con 6.520 m de altitude.

Máis >
Chirripó Grande

Cima da serra de Talamanca, Costa Rica, que constitúe a maior altitude do país (3.820 m).

Máis >
Zugspitze

Cima dos Alpes Bávaros, na alta Baviera, Alemaña, na fronteira co Tirol austríaco e ao SO de Garmisch-Partenkirchen. Con 2.964 m, é a altitude máxima de Alemaña.

Máis >
Margalida, pico de

Cima situada no macizo de La Maladeta, nos Pireneos, entre os picos de Tempestats e Russell. O seu cumio acada os 3.218 m de altitude.

Máis >
Aneto, pico

Cima culminante dos Pireneos (3.404 m), situada no macizo da Maladeta. Atópase no concello de Benasque (Huesca), na alta conca do Esera. Está formado por rocha granítica, aflorando na base estratos de rochas calcarias do Devónico; no relevo destacan as cristas de Coromines (crista principal), Llosars e o paso de Mahoma. Nos avesedos existen glaciares como o de Aneto (N), de Coronas (O), de Barrancos (L) e de Llosars (S). O glaciar de Aneto ten ao redor de 80.000 m2 de superficie, un grosor máximo de 50 m e avanza aproximadamente 35 m cada ano. A primeira ascensión ao Aneto realizárona en xullo do 1842 o ruso P. Čikhačev e o francés A. de Franqueville.

Máis >
bóstrix

Cima helicoide no que as diversas poliñas non se sitúan todas nun mesmo plano.

Máis >
Loading