Anghiera, Pietro Martire di
Anghiera, Pietro Martire di
Humanista, historiador e xeógrafo lombardo. En 1487 marchou a Salamanca, onde traballou como mestre e, dende 1505, foi decano do cabido da catedral de Granada. A súa obra Opus epistolorum (1530) é unha mina de noticias sobre a Inquisición, os xudeus, os mouriscos, etc, que abrangue o período 1488-1525. A De Orbe Novo Decades (1530), crónica das expedicións e descubrimentos das Indias, converte o autor no primeiro historiador de Indias.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Arona -
Deceso
Lugar : Granada