Anglasell i Serrano, Ramon

Anglasell i Serrano, Ramon

Economista e especialista en administración. En 1843 ingresou na cátedra de Economía Política, Dereito Público e Administrativo da Universidade de Santiago, da que foi nomeado catedrático no ano 1851. A súa única obra, Compendio de las lecciones de Economía Política dadas en la Universidad de Barcelona (1858), foi o punto de referencia para os polemistas proteccionistas da segunda metade do s XIX.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Barcelona

  • Deceso

    Lugar : Premiá de Dalt