Anglès
Anglès
Municipio da Selva (Girona) situado na marxe dereita do Ter e do torrente de Osor (16 km2; 4.785 h [1996]. Cría de bovino e porcino, e cultivo de legumes, patacas, verduras e abelás. Industria téxtil, de mobles, cárnica e forestal. A Praza Maior foi a praza de armas do antigo Castelo de Anglès. Igrexa parroquial de San Miguel, santuario de Santa Bárbara e igrexa de San Pedro Sestronques.