angora

angora

(

  1. s f [ZOOL]

    Raza de cabras, coellos e gatos que se caracterizan polo feito de presentaren un pelame longo, sedoso e xeralmente de cor branca. Estas razas (salvo os coellos, cunha orixe máis dubidosa) son oriúndas de Asia, da rexión de Angora (antigo nome de Ancara, Turquía). Polo xeral emprégase a locución adxectiva ‘de angora’.

  2. la de angora [TÉXT]
    1. Tecido de pel de coello de angora, caracterizado por unha baixa condutividade térmica e por un alto contido de materia graxa, o que o fai relativamente impermeable.

    2. moher.

Palabras veciñas

Angola | angolano -na | angor* | angora | Angora | Angora, Batalla de | angorina