Angoumois
Angoumois
Rexión da Francia atlántica, comprendida na súa totalidade dentro dos límites do departamento de Charente. Drenada polo río Charente. A principal actividade económica é a explotación vitivinícola, con centros de destilación como Cognac. A parte NL de Angoumois é de lingua occitana. A historia da rexión queda identificada coa do condado de Angulema.