Angueira Viturro, Anxo

Angueira Viturro, Anxo

Poeta e crítico literario. Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa, exerce como profesor de Ensino Secundario e colabora asiduamente en diversas publicacións (O Correo Galego, Diario 16 de Galicia, A trabe de Ouro, etc). Organiza e coordina anualmente o Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón. Como estudoso das letras, elaborou no ano 1992 un estudo sobre a obra Con pólvora e Magnolias, de X. L. Méndez Ferrín. No mesmo campo, publicou, no ano 1995, un libro-antoloxía sobre a historia do Día das Letras Galegas. No campo da narrativa destacan A morte de A. (2003) e Iria,(2012). Polo que respecta á súa obra poética, gañou o Premio Taboada Chivite, e o accésit do VIII Premio Esquío de Poesía pola súa obra Val de Ramirás (1988); en 1996, publicou o poemario O valo de Manselle e, no ano 1997, Libro da Vertixe, Premio Xosé María Díaz Castro de Poesía. Tamén Fóra do sagrado(2007). Recibiu o Premio Xerais 1999 pola súa obra narrativa Pensa nao. Desde o 1 de xuño de 2012 preside a Fundación Rosalía de Castro.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Manselle, Dodro