Angüeiro
Angüeiro
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe que asentou casa en Corcubión. As súas armas levan, sobre campo de azul, un canal agrícola que verte as súas augas ao mar. Este apelido presenta a variante gráfica Angueiro; relacionados con esta caste están tamén os apelidos Anguera, Angueira e Angueiras.