anhídrido
(< anhidro + -ido de ácido)
-
s
m
[QUÍM]
Óxido que forma un oxiácido ao combinarse coa auga. A denominación de anhídrido, que non está admitida pola IUPAC, utilizábase para denominar os óxidos dos non-metais.
-
anhídrido de ácido
[QUÍM]
Denominación xenérica dos compostos orgánicos que conteñen o grupo -CO-O-CO- e derivan formalmente dos ácidos dicarboxílicos (con formación dunha estrutura heterocíclica) ou de dúas moléculas de ácido monocarboxílico por eliminación dunha molécula de auga. Cando as dúas moléculas de ácido monocarboxílico son diferentes, obtéñense anhídridos mixtos. Os anhídridos prepáranse por deshidratación dos ácidos ou por reacción dun sal do ácido co correspondente cloruro. Por hidrólise, rexeneran o ácido ou os ácidos primitivos. Denomínanse como o ácido do que proveñen cambiando a palabra ácido por anhídrido. Empréganse como axentes acilantes e dan ésteres ou amidas por reacción con alcohois ou aminas, respectivamente.