anhidro -dra
anhidro -dra
(< gr ἄνυδρος ‘sen auga’)
adx
[QUÍM]
Dise da substancia destituída de auga, especialmente dos sólidos sen auga de cristalización, cando poden cristalizar con auga, e dos compostos inorgánicos líquidos que disolven auga. Dos líquidos orgánicos, os gases e os sólidos sen auga absorbida, dise que son secos, non anhidros.