anomuro -ra

anomuro -ra

(< gr‘ανομος ‘irregular’ + οὐρά‘cola’)

  1. adx

    Que pertence á sección dos anomuros.

  2. s m [ANIMAL]

    Crustáceo da sección dos anomuros.

  3. s m pl [ANIMAL]

    Sección de crustáceos decápodos da suborde dos reptantes. Agrupa as especies que teñen abdome voluminoso, asimétrico, nu e non segmentado, e as que o teñen reducido, simétrico e cos segmentos cubertos por pleuróns calcificados. Os primeiros soen introducir o abdome dentro de cunchas de moluscos, esponxas e outros obxectos para protexelo. Os segundos teñen o cefalotórax fortemente constituído, con esporóns e espiñas. O seu biotopo típico é o fondo mariño. A esta sección pertencen o xénero Galathea e os caranguexos ermitáns dos xéneros Pagurus e Eupagurus.