Anouilh, Jean
Escritor, director e dramaturgo francés. Foi secretario do actor e director Louis Jovet. Iniciou a súa carreira con L’Hermine (O armiño, 1932). A súa obra manifesta unha concepción pesimista da condición humana a través dos xéneros do melodrama e da comedia, de tradición burguesa. Agrupou as súas pezas segundo a temática en: negras, Antígone (Antígona, 1943); rosas, Le bal des voleurs (O baile dos ladróns, 1938); brillantes, La répétition ou l´amour puni (O ensaio ou o amor castigado, 1950); agres, L´orchestre (A orquestra, 1962) e de época, La foire d´empoigne (1962), entre outras. Outras dúas pezas que versionan temas clásicos son Eurídice (1942) e Medea (1953); entre as súas últimas obras, cómpre citar Le nombril (1981) e Number One. No cine destacou con Le voyageur sans bagages (O viaxeiro sen equipaxe, 1944) e Deux son de violettes (1951). A peza Antígona foi representada en diversos espectáculos en Galicia, tanto na súa versión en castelán como en galego, logo de ser sido traducida por X. Manuel Beiras Torrado e X. Luís Franco Grande en 1967. A estrea en galego foi realizada polo grupo de teatro Cántigas e Agarimos en 1959, con dirección de Rodolfo López-Veiga Ponte.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Bordeos -
Deceso
Lugar : Lausana