Antártico Británico, Territorio
Antártico Británico, Territorio
Colonia británica formada nos territorios da Antártida situados entre o paralelo 60° latitude S e os meridianos 20° e 80° lonxitude O. Os territorios que abrangue son a parte continental -coa península Antártica-, as illas Órcadas do Sur e as illas Shetlands do Sur. A súa superficie é de 388.500 km2. Ata o 3 de marzo de 1962 formou parte das dependencias das Malvinas. Arxentina e Chile reivindican para si unha parte deste territorio.