anticolonialismo

anticolonialismo

(

s m [HIST/POLÍT]

Movemento oposto a calquera tipo de explotación colonial de tipo político, económico, social ou cultural. A expresión clásica do anticolonialismo procede do conxunto de colonias que constituían a periferia dunha metrópole imperial que exercía as funcións de centro. Neste sentido, considéranse movementos anticoloniais aqueles que mobilizaron a amplos sectores da poboación de territorios coloniais, dependentes dalgún dos grandes imperios occidentais que se repartiron o mundo no Congreso de Berlín (1878). Malia a existencia de loitas anticoloniais durante os primeiros anos do s XX, foi a partir da Conferencia de Bandung (1955) cando maior impacto adquiriron os movementos de liberación nacional do Terceiro Mundo.