antiespasmódico -ca

antiespasmódico -ca

(

  1. adx [MED]

    Que serve para aliviar ou previr os espasmos.

  2. s m [QUÍM]

    Substancia que combate os espasmos e as contraccións. O metilbromuro de homatropina, o butilbromuro de escopalamina, a papaverina e a alverina son os antiespasmódicos máis importantes.

  3. medicamentos antiespasmódicos [MED]

    Tamén chamados, sinxelamente, antiespasmódicos, calman ou preveñen o espasmo involuntario da musculatura lisa ou estriada, evitando así a dor ou malestar que conlevan xeralmente estas reaccións. Algúns poden exercer o seu efecto a través dunha acción sedante xeral, como no caso do opio e dos seus derivados. Outros actúan especificamente sobre determinadas rexións, como por exemplo a adrenalina, que produce efectos sobre a musculatura lisa dos bronquiolos.