antimonio
(
-
s
m
[QUÍM]
Elemento fundamentalmente metálico, pertencente ao grupo V da táboa periódica, de cor branca prateada cando é puro, pouco duro (dureza 3 na escala de Mohs) e pulverizable, de valencias 3 e 5. A obtención do elemento parece ser que se recolle no libro Triumph-Wagen des Antimonii (O carro triunfal do antimonio), publicado co pseudónimo de Basili Valentí, probablemente no s XVII. Atribúenselle ao antimonio estados alotrópicos de dubidosa identidade (antimonio explosivo, antimonio amarelo, antimonio negro); a única forma estable é a “metálica”, chamada tamén antimonio gris. O antimonio non abunda na codia terrestre
-
antimonio explosivo
[QUÍM]
Probable forma alotrópica do antimonio, obtida pola electrólise de solucións clorhídricas do seu tricloruro. Ao depositarse no cátodo, forma unha solución sólida con tricloruro, que se descompón explosivamente por rozamento ou quentamento proporcionando antimonio gris e fume de tricloruro.
-
antimonio marelo
[QUÍM]
Forma alotrópica inestable do antimonio que se transforma en antimonio negro cando está exposto á luz. Dubídase se é un verdadeiro alótropo, posto que todas as mostras preparadas conteñen hidróxeno.
-
antimonio negro
[QUÍM]
Forma alotrópica do antimonio obtida ao arrefriar o vapor do elemento ou ao oxidar SbH 3 a temperatura ordinaria. É inestable con respecto ao antimonio gris.
-
electrodo de antimonio
[FÍS/QUÍM]
Electrodo para as medidas de pH de non demasiada precisión, constituído por unha barriña de antimonio que, recuberta espontaneamente de óxido, funciona como un electrodo de óxido Sb/Sb 2 O 3 . Só se emprega para potenciometrías en solventes non acuosos.
-
fluoruros de antimonio
[QUÍM]
Compostos de fluor e antimonio. Úsanse como catalizadores na fluoración de compostos orgánicos. O trifluoruro emprégase, ademais, en tinguidura e na fabricación de barro e porcelana.
-
oxicloruro de antimonio
[QUÍM]
Composto formado por hidrólise en auga fría do tricloruro de antimonio que se empregaba en medicina.
-
pentacloruro de antimonio
[QUÍM]
Líquido oleoso e cáustico, obtido pola acción do cloro sobre o tricloruro. Utilízase principalmente para a cloración de compostos orgánicos.
-
pentasulfuro de antimonio
[QUÍM]
Pos alaranxados obtidos pola acción do sulfuro de hidróxeno sobre unha mestura de SbCl 5 e auga, ou descompondo con ácido o tioantimoniato sódico, Na 3 SbS 4 · 9H 2 O. Emprégase na fabricación de mistos, en pirotecnia, como pigmento e, sobre todo, na vulcanización e coloración do caucho.
-
pentóxido de antimonio
[QUÍM]
Composto obtido pola acción de ácido nítrico concentrado sobre o metal. Por enriba dos 300°C, perde osíxeno e dá tetróxido Sb 2 O 4 . Obtense pola acción do ácido nítrico concentrado sobre o metal ou o trióxido de antimonio. Insoluble en auga, é soluble en ácido clorhídrico concentrado e nas bases fortes.
-
tetróxido de antimonio
[QUÍM]
Óxido obtido quentando no aire o trióxido ou calcinando o pentóxido de antimonio. Cando está candente libera osíxeno e dá o trióxido. Ao fusionarse con álcali dá os elementos chamados hipoantimoniatos.
-
tricloruro de antimonio
[QUÍM]
Cristais delicuescentes, obtidos pola acción do cloro seco sobre exceso de antimonio ou por disolución de Sb 2 O 3 ou Sb 2 S 3 en ácido clorhídrico. Emprégase como mordente, catalizador, reactivo analítico, para broncear o ferro, así como para ignifugar tecidos e fabricar lacas.
-
trióxido de antimonio
[QUÍM]
Composto que forma o mineral denominado valentinita. Co nome de branco de antimonio úsase como pigmento na fabricación de pinturas, pero, malia as súas calidades, cada vez é menos empregado por razóns de prezo. Emprégase tamén como mordente, para volver opacos esmaltes brancos na industria do vidro, para ignificar papel e téxtiles e, na industria do caucho e do plástico, para obter compostos non inflamables.
-
trisulfuro de antimonio
[QUÍM]
Composto alaranxado cando se precipita nunha solución de sal antimonioso por sulfuro de hidróxeno ou tiosulfato, e negro cando provén da combinación directa dos elementos. Forma o mineral negro chamado estibina. Emprégase en pirotecnia, na fabricación de mistos e do vidro rubí, e como acelerador da vulcanización do neopreno.