antimonioso -sa
antimonioso -sa
-
adx
[QUÍM]
Que contén antimonio, especialmente utilizado para referirse aos compostos de antimonio nos que este é trivalente.
-
ácido antimonioso
[QUÍM]
Sólido obtido con ácido sulfúrico tratando unha solución de tártaro emético e secando o precipitado a 100°C. As súas propiedades anfóteras fan que se considere non un ácido senón un óxido hidratado.