antirradar
antirradar
(< anti- + radar)
s
m
[BÉL]
Conxunto de medidas destinadas a anular ou reducir a acción dos radares inimigos. Consiste en empregar aparellos especiais para perturbalos (defensa activa) ou ben situarse fóra do seu alcance utilizando falsos ecos (defensa pasiva).