antirreflector -ra

antirreflector -ra

(

  1. adx [FÍS]

    Que evita ou diminúe a reflexión da luz sobre un corpo.

  2. s m [FÍS]

    Capa moi fina (~0,1 μm) de certas substancias, en xeral un fluoruro metálico ou un fluoruro de magnesio, que ao depositarse sobre a superficie dunha lente, diminúe a reflexión dos raios incidentes. Os efectos que se conseguen son un aumento da luz transmitida pola lente para así obter unha imaxe mellor iluminada, e a eliminación dos reflexos internos do sistema óptico para favorecer a claridade da imaxe.