Antón del Olmet, Luis

Antón del Olmet, Luis

Político e escritor. Foi deputado a Cortes e subsecretario de gobernación. Logo de formarse na redacción de El Noroeste, dirixiu os xornais madrileños El Debate (1910) e El Parlamentario (1914). Escribiu novelas e obras de teatro destinadas a un público amplo, entre as que cómpre salientar a novela de ambiente coruñés El encanto de sus manos (1909), onde inclúe a súa declaración “Yo soy gallego”, e o folleto político de ideoloxía conservadora Galicia llora (1918). Así mesmo, a súa ideoloxía recóllese no libro La evolución biológica de España y la Solidaridad Catalana (1907). É autor tamén de El libro de la vida bohemia (1909), El veneno de la víbora (1910), Lo que han visto mis ojos (1910), El hidalgo don Tirso de Guimarães (1912) ou El pleito (1923). Ademais escribiu, entre outras, as biografías de Cajal, Moret e Romanones.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Bilbao

  • Deceso

    Lugar : Madrid