Antón Rodrigo, Abel

Antón Rodrigo, Abel

Atleta. Acadou os seus maiores triunfos na proba de maratón, distancia na que foi campión do mundo en dúas ocasións consecutivas (Atenas 1997 e Sevilla 1999), sendo o único atleta que acadou dúas vitorias nos mundiais nesta proba. Con anterioridade, proclamárase campión de Europa de 10.000 m e conseguira a medalla de bronce dos 5.000 m, ambas nos campionatos europeos de Helsinqui 1994.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Ojuel, Soria