Antonio Souto, Inmaculada

Antonio Souto, Inmaculada

Actriz e autora dramática. Principiou a súa formación en varios grupos de teatro escolar da Coruña, para logo iniciar unha nova etapa na Escola Dramática Galega. Comezou a súa traxectoria profesional na Compañía Luís Seoane, para participar posteriormente en diversos espectáculos do Centro Dramático Galego, como Un soño de verán (1992) e Valle-Inclán 98 (1998), ou do Teatro do Noroeste, como As vodas de Fígaro (1994), Historias peregrinas (1995) ou Unha rosa é unha rosa (1997). Tamén cómpre salientar o seu traballo en Otelo (2000) e A morte e a doncela (2001). Publicou diversas pezas, entre as que cómpre salientar Historia do silencio (1985), Como cartas a un amante (1987), As aguas mudas (1989) e Era nova e sabía a malvaísco (1991), pola que recibiu o premio A Biblioteca do Arlequín en 1990. A súa é unha escrita construída desde a condición feminina, e nela xoga un papel importante a memoria, o paso do tempo, xunto cun certo sentimento de frustración e impotencia, e a imposibilidade de ver cumpridos os soños. Recibiu varios premios, entre os que destacan o Premio de Teatro Breve da Escola Dramática Galega (1987) por Como cartas a un amante, Premio de Teatro Breve da Escola Dramática Galega  (1989)  por As águas mudas, Premio Arlequín (1990) por Era nova e sabia a malvaísco e o Premio Rafael Dieste (2003) por A ciencia dos anxos.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : A Coruña