Antonio Pernas

Antonio Pernas

Firma galega do sector da moda. Abriu a primeira tenda de roupa na Coruña en 1992 e posteriormente estendeuse por outras cidades da Península Ibérica (Madrid, Santiago de Compostela, València, Sevilla e Barcelona) e polo estranxeiro (París, Nova York e Toquio). No 1991 Antonio Pernas formou parte dos invitados da Pasarela Cibeles, na que desfilou de forma independente, xunto cos membros da Asociación de Creadores de Moda de España. Dende xaneiro de 1995 presenta a súa colección na feira francesa Prêt-à-porter, dentro do sector Atmosphère. Na Pasarela Cibeles Outono-Inverno 96/97 foi galardoado coa mención especial do Premio Vidal Sasoon. Nas dúas seguintes edicións a súa colección foi distinguida como a máis creativa, conseguindo en ambos casos os dous premios convocados. No ano 1997 gañou o T de Telva ao mellor deseñador español.