Antúnez
Antúnez
[HIST/HERÁLD]
Apelido de orixe portuguesa que pasou a Galicia e se estableceu na parroquia de Penamaior en Becerreá. Tamén se asentou na vila estremeña de Medellín, en Madrid e en Chile. As súas armas levan, en campo de prata, un carballo de sinople co tronco cargado dun escudiño de ouro con dúas faixas de goles.