Anzó, San Xoán de

Anzó, San Xoán de

Igrexa románica da parroquia de Anzó (Lalín). De nave única e ábsida de planta rectangular, destaca o tímpano da porta sur, decorado con motivos xeométricos (círculos e cruces). Algúns dos capiteis do interior mostran unha clara influencia do románico compostelán da primeira metade do s XII, aínda que a súa edificación sexa posterior.