apanaxe

apanaxe

(< lat tardío appanare‘fornecer coas provisións necesarias para a subsistencia’ < lat ad ‘a’ +panis ‘pan’)

  1. s m [HIST/ECON]

    Asignación consistente en terras da Coroa en beneficio dun infante distinto do herdeiro, concesión do soberano coa finalidade de asegurarlle un medio de vida de acordo co seu rango. De orixe francesa, foi regulamentado nas diversas monarquías europeas para facilitar a reversión á Coroa das terras asignadas e evitar a súa transmisión por vía feminina. Como consecuencia da Revolución Francesa, quedou abolido en Francia no 1790; recuperouse en forma de pensións na volta do 1810, sendo definitivamente abolido no 1832.

  2. s m [HIST/ECON]

    Terra asignada en apanaxe.

Palabras veciñas

Apañados, petroglifo de | apanar | apañar | apanaxe | apanaxista | apancar | apanda