apartado -da

apartado -da

(< apartar)

  1. p reg

    de apartar.

    Ex: Xa che teño apartado o libro que me pediches.

  2. adx

    Que está a moita distancia, lonxe.

    Ex: Vivo nun lugar apartado e tranquilo.

  3. s m

    Cada un dos fragmentos ou partes en que se divide unha cousa.

    Sinónimos: división.
  4. s m [DER]

    Parágrafo dunha lei ou decreto.

    Ex: No apartado segundo do contrato fálase das fianzas.

  5. apartado de correos [COMUN]

    Modalidade do servizo de correos que permite que a correspondencia non se reparta a domicilio senón que se reserve na oficina de correos. A correspondencia localízase asignándoselle un número identificativo do destinatario, e deposítase nunha caixa na que permanece a disposición do usuario que ten contratado este servicio. A contratación dos apartados de correos renóvase anualmente. OBS: Tamén é frecuente que se denomine só co termo apartado.

Palabras veciñas

aparruñar | apartación | apartadizo -za | apartado -da | apartadoiro | apartador -ra | apartamento