apetito
apetito
(< lat appetītu)
-
s
m
Tendencia a algo que satisfaga as propias necesidades.
Ex: Beber é un apetito natural.
Sinónimos: apetencia, desexo. -
s
m
Ganas de comer.
Ex: Despois de xogar ó baloncesto, ábreseme o apetito moitísimo. Receitáronlle esas pastillas para curar a súa falta de apetito.
Sinónimos: fame. Antónimos: desgana, inapetencia, inapetencia. -
s
f
[FILOS]
Segundo a filosofía escolástica, potencia da alma e acto correspondente que ten por obxecto algún ben, na medida en que é percibido por algunha facultade cognoscitiva. Como a escolástica distingue entre coñecemento sensible e coñecemento intelectual, tamén afirma a existencia do apetito sensible e o apetito intelectual.
-
s
m
[FISIOL/PSIC]
Tendencia a satisfacer certas funcións fisiolóxicas.
Refráns
- As boas ganas de comer, en comendo, xa se acaban.
- Despois de ben comido, xa non hai ansia de comer.
- Haxa qué comer, que as ganas veñen de seu.
- Haxa que traba llar, que as ganas de comer non han faltar.
- Non hai mellor comer que unha boa gana.
- Non hai mellor menciña cá gana de comer.
- O mellor prebe é a fame e as boas ganas de comer.
- Que haxa vontade, pois que comere non ha faltare.
- Todo quere maña, pero comer quere gana.
- ¡Deus dea saúde, que a gana de comer virá de seu!