apóstolo

apóstolo

(

  1. s m [RELIX]

    Cada un dos doce discípulos de Xesús que cita o Novo Testamento, enviados por El a predicar a Boa Nova da súa morte e resurrección: Pedro, fillo de Xonás, Xaime (Santiago o Maior) e Xoán, fillos de Zebedeo, Andrés, Filipe, Bertomeu, Mateo, Tomé, Xaime (Santiago o Cativo), fillo de Alfeo, Tadeo, Simón Cananeo e Xudas Iscariote, substituído despois por Matías. Os elementos constitutivos do apostolado no Novo Testamento son o teren visto a Cristo resucitado e recibir Del o mandato de seren testemuñas da resurreción da carne.

  2. s m [RELIX]

    O que propaga a fe cristiá.

  3. s m

    O que se esforza en propagar unha doutrina.

  4. s m pl [DER]

    Letras entregadas, xuntamente co proceso orixinal, ao que apelaba contra unha sentencia, dirixidas a un xuíz ou a un tribunal superior; alí fixábase o termo dentro do que o recorrente debía manter o recurso. Chámanse tamén apóstolos reverenciais.