apoteca

apoteca

(< lat apotheca < gr ἀποϴήκη ‘depósito, almacén’)

  1. s f [ARQUIT]
    1. Na casa grega e romana vila, cuarto con función de despensa para ánforas vinarias que adoitaba acharse no piso superior. Non debe confundirse coa cella vinaria, xa que a apoteca non só servía para gardar o viño, senón tamén como lugar para a súa maduración ao aproveitar o paso de calor e fumes proveintes da cociña, polo que ás veces tamén recibía o nome de fumarium.

    2. Despensa ou depósito de xéneros alimenticios, principalmente viño.

  2. s f

    botica.

Palabras veciñas

apóstrofo | apostura | apotactita | apoteca | apotecio | apotegma | apotema