Appenzell

Appenzell

Cantón de Suíza, dividido desde 1597 nos subcantóns de Appenzell-Ausser-Rhoden e Appenzell-Inner-Rhoden. Dominado polo macizo de Säntis (2.502 m). Incorporouse á Conferencia Helvética no 1513, pero foi dividido para separar as rexións que aceptaran a Reforma Protestante (Ausser-Rhoden) das que permaneceran no Catolicismo (Inner-Rhoden). A poboación é de fala alemana.