1 apuntador -ra

1 apuntador -ra

(< apuntar)

  1. adx e s

    Que ou aquel que apunta.

  2. s [ESPECT]

    Nas representacións teatrais, persoa que dita o papel aos actores.

    Ex: A voz da apuntadora escoitábase nas primeiras filas do teatro.

  3. s [INFORM]

    Aplicación do sistema operativo Mac OS que permite gardar imaxes, texto, películas e sons aos que se desexe acceder facilmente e sen necesidade de utilizar ningún programa adicional.

  4. s [MAR]

    Persoa que toma nota da carga embarcada e desembarcada dun barco.

  5. s m [RELIX]

    Cóengo encargado de apuntar as ausencias dos membros do coro dunha catedral.

  6. s [XOGO]
    1. Persoa que, nun xogo, leva a conta dos puntos gañados.

      Ex: Ó trabucarse o apuntador cos puntos, tiveron que repetir a partida.

    2. Nun xogo, persoa que se sitúa detrás dalgún xogador para sinalar as cartas que ten o contrincante, que desta maneira xoga con vantaxe.

      Ex: Na partida de cartas, o apuntador evitou a vitoria segura.

Palabras veciñas

Apulia | apuñalar | apuntado -da | 1 apuntador -ra | 2 apuntador -ra | apuntamento | apuntar