apuntamento

apuntamento

(< apuntar)

  1. s m

    Acción e efecto de apuntar.

  2. s m
    1. Nota de pouca extensión feita con rapidez.

    2. Notas máis ou menos sumarias tomadas ao ler un libro, escoitar unha explicación, un discurso, etc, para axudar a recordalo máis tarde.

      Ex: Collín os teus apuntamentos sobre o libro que estou a ler para interpretalo mellor.

      Sinónimos: anotación, nota.
  3. s m [DER]

    Na lexislación española, resumo das actuacións dun proceso xudicial do que se servían os maxistrados das audiencias e do tribunal supremo para resolver recursos interpostos ante eles. Foi substituído por unha nota.

Palabras veciñas

apuntado -da | 1 apuntador -ra | 2 apuntador -ra | apuntamento | apuntar | apupada | apupar